Reserva Nacional de Caza (Os Ancares, Lugo)

Data
Categoría
Proyecto
Proxecto

Plan de Ordenación cinexético da Reserva Nacional de Caza de Ancares (Lugo) | Xunta de Galicia

 

RECENSIÓN TÉCNICA

 

A Reserva de caza dos Ancares lucenses foi declarada como tal mediante a Lei 37/1966, do 31 de maio, de reservas nacionais de caza.

 

A Consellería de Medio Ambiente encargou a Acivro Medioambiente a realización dos traballos para a redacción da Revisión do Proxecto de Ordenación Cinexética da Reserva de Caza de Ancares co fin de dotar á Reserva dun instrumento que permita xestionar a actividade cinexética dentro da mesma e dar cumprimento ao disposto na Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, punto 2: titularidade cinexética das reservas de caza corresponde á Xunta de Galicia. A súa administración corresponde á consellería con competencia en materia de caza, que asegurará o seu aproveitamento racional a través dun plan de ordenación cinexética e de plans anuais de aproveitamento cinexético.

 

Por medio da realización do Proxecto de Ordenación cinexética da Reserva de Caza dos Ancares, preténdese dar continuidade ao modelo de xestión existente na Reserva iniciado hai anos e coa finalidade de continuar co aproveitamento cinexético óptimo, ordenado e sostido no ámbito territorial da Reserva de Caza dos Ancares.

 

Os traballos realizados tiveron o seguinte alcance:

 

a) Estudos do Territorio, zonificación e Inventarios.

Extensión, límites e concellos afectados pola reserva de caza.

Características socioeconómicas.

Condicións ambientais do medio físico.

Vexetación.

Estatísticas de caza.

Inventario de especies cinexéticas: rebezo, corzo, xabaril, cervo, perdiz vermella, perdiz charrela, lebre, coello, raposo , lobo e cabra montesa.

Especies non cinexéticas.

 

b) Planificación.

Delimitación das unidades de xestión.

Avaliación do potencial cinexético.

Plan de melloras.

Control de danos.

Plan de vixilancia.

Plan de caza de todas as especies cinexéticas.

Plan de seguimento e control

 

c) Resumo do plan técnico de caza.

 

d) Cartografía.

 

e) Informe final.